top of page

Benvidos á páxina de Skype en galego!

Unha nova páxina na que se informará sobre as novas relacionadas coa galeguización de Skype. Sinxela, rápida e fácil de usar.

Por fin Skype™ está dispoñible en galego! Nesta sección déixovos todo o necesario para que poidades gozar desta grande ferramenta de comunicación na lingua galega. Isto é unha aportación totalmente altruísta sen ánimo de lucro, polo que non vos preocupedes, non hai que botar man á carteira nin cousas polo estilo.

 

Como podo estar ao corrente das novas que vaian saíndo sobre Skype en galego?


Sen dúbida nesta páxina estaría colgada en exclusiva a grande nova que sería que Skype™ contara co galego como lingua oficial. De tódolos xeitos, se estades familiarizados coas redes sociais e tedes unha conta en Facebook poderedes seguir as actualizacións que se vaian facendo na páxina Skype en Galego.

 

Invítovos a que vos unades. É un único "clic"!

Últimas actualizacións

09/09/2013

Nova sección na páxina: "Preguntas e respostas" !

08/09/2013

Skype en galego xa ten máis de 400 fans!

03/09/2013

Traducidas 10 novas liñas ao galego!

03/09/2013

Xa hai máis de 200 persoas ás que lles gusta a páxina de Facebook!

02/09/2013

Fundación da nova páxina de Skype en galego!

Please reload

bottom of page